Un equipo de alumnos e alumnas do IES Sanxenxo levamos todo este curso a traballar nun Taller de prensa. Aproveitamos este espazo para mostrarvos as nosas actividades.

jueves, 15 de mayo de 2008

Galiza, terra sempre verde?





(Entrevista realizada por Yéssica Fondo, 4ºB)

<Rubén Portas Pérez, capataz forestal da zona de Silleda
concedeunos unha pequena entrevista falando dun tema que nos debería preocupar todos, o medioambiente. Debemos facer todo o posible para protexelo, xa que é un ben que debemos saber aprezar.



1-Como é a situación de Galiza medioambientalmente falando? Seguemos a ser o “curruncho verde de España”?

A situación ambiental galega está a pasar por un momento difícil. As agresións nos espazos naturais galegos son constantes: o 40% do negocio eólico sitúase en territorios da rede natura; estánse a autorizar a construcción de canteiras en espazos naturais de un inmensointerés ecolóxico, como O Courel; o furtivismo e a caza descontrolada están a decimar as poucas especies salvaxes que nos quedan... Todo isto está unido ao problema da construcción nas zonas costeiras e á inmensa rede viaria debida ós núcleos de poboación dispersos que caracteriza o noso territorio e que fan que Galiza chegue a ser un lugar altamente humanizado con poucas zonas salvaxes libres da erosiva acción humana.
Asturias e Cantabria supéranos en espazos verdes, e Galiza está entre as comunidades na cola no número de espazos protexidos.

2-Tiveron algo que ver os incendios de tempadas pasadas? Como influíron no noso contorno?

Os incendios delataron unha pésima xestión foresal baseada no monocultivo de eucalipto, una especia alóctona, cuns terrenos ocupados que carecen de interese ecolóxico. Non se crearon barreiras de frondosas autóctonas (carballos, castiñeiros, freixos, salgueiros, ameneiros...) que frean o avance do lume.Tamén está demostrado que canto máis complexo é un ecosistema máis dificil é a súa destrucción. A vexetación climática do noso territorio corresponde a un carballal atlántico, o que nos indica os pasos a seguir se queremos regresar a un estado de conservación favorable dos bosques galegos. Desgraciadamente, en moitas zonas a erosión e a pérdida de solo van imposibilitar dita tarea durante moitos anos.

3-Sobreviviría Galiza a outra catástrofe natural como a deses incendios que sufriu hai xa uns anos?

Como xa mencionei anteriormente, a situación ambiental galega é precupante. Estámoslle a causar continuas agresións ós seus ríos (vertidos, embalses), nos seus bosques (talas indiscriminadas, incendios, substitución da vexetación autóctona por plantación de eucalipto), no mar ( vertidos de derivados do petróleo, sobrepesca, basura flotante, etc.), no aire ( centos de toneladas de gases invernadoiro son liberadas tódolos días por vehículos e industias). Creo que é máis adecuado traballarmos por evitar unha catástrofe e minimizar os efectos das que xa ocorreron que preocuparse por se a nosa comunidade soportaría máis agresións ambientais.

4-Tamén en Galiza debemos ter coidado coa auga ou é un ben inesgotable como pensa a maioría?

En primeiro lugar recalcar que a auga doce nunca é un ben inesgotable. En Galiza a agua “abunda”, ou máis ben non escasea se nos comparamos con outras comunidades como Murcia e Andalucía. Pero tamén hai que recordar que este mesmo outono sufrimos unha forte seca e as escasas precipitacións unidas ó chan poroso e con escasa retención de auga que temos nos fai recordar que debemos valorar un ben que non soemos botar en falta, de momento. Por iso é necesario evitar as fugas das canalizacións (un desperdicio superior ó 15 % da agua que consumimos) e que todos os cidadáns sexamos conscientes e aforremos auga día a día nas tarefas domésticas

5- Canto á fauna e á flora, cal é a situacíon de Galiza?

Temos varias especies ameazadas e incluso en perigo de extinción, algunhas comúns con outras comunidades. É o caso da águia e o bufo real, que seguen a loitar contra o furtivismo, o expolio de niños e a alteracións do seu hábitat. Prevése a construcción dun parque eólico en Peña Trevinca, ónde vive unha das derradeiras parellas de águias reais galegas. Un estudo de impacto ambiental demostra o tráxico que sería para a especie, tendo como grave resultado a morte de alomenos un exemplar ó ano que se estrelaría contra as aspas dos aereoxeneradores. O oso e o urogalo extinguíronse hai xa uns anos do nosos territorio. O lobo está perseguido polos intereses gandeiros e un 20% ou máis da poboación sucumbe cada ano ilegalmente baixo tiroteos, lazos, o veneno e os atropelos. Non se sabe grande cousa de especies outrora tan comúns como o turón, a doniña, a garduña e a marta. Aves tan habituais como a andoriña, o avión e o birrio mostran un declive poblacional agudo, e outras con poboación aceptable noutras comunidades como o "chorlitejo chico" e o sisón apenas crían na nosa. O Prestixe afectou seriamente á nosa poboación de aves mariñas. O arao e o paíño están seriamente ameazados
En canto a plantas, existe un serio problema coas especies invasoras como a acacia, a robinia, a codicia canadiense e a cortaderia entre outras. As nosas brañas están ameazadas polo sobrepastoreo e os parques eólicos, nelas mal logra vivir a drossera, unha pequena planta carnívora.
Hai ducias de exemplos de especies, lugares ameazados e outros que deberían gozar de maior protección

6-Cal é a postura da administración ante estos temas que me estás a comentar?

Principalmente, as iniciativas que apoian a coservación da natureza que xurden dende a administración clasifícanse en obrigacións xurdidas en acordos da Unión Europea e en iniciativas con interese económico, é dicir, que ditas iniciativas salgan rentables económicamente e se consigua un beneficio. Por exemplo, aforro de combustible.
Desgraciadamente, a contrucción e o turismo moven a economía. O que repercute en hipotecar o noso contorno para abastecernos das infraestructuras necesarias. Nesta última década empeza a xurdir un turismo natural ou rural, que consiste en saír ó campo para escapar do estrés das grandes cidades. Ó existir un beneficio económico invírtese na conservación de dito espazo natural. Como por exemplo, contratar gardas e celadores para que o vixíen. Isto aínda así ten os seus inconvenientes, xa que a contrucción xa non so actúa na costa e se depraza tamén ós espazos naturais danando aos mesmos. Como exemplo, a restauración do mirador das Illas Cíes, que provocou a extinción dunha planta que se encontraba no mesmo e, na Illa de Ons, preténdese mover o emprazamento do camping cara un lugar donde viven as poucas salamántigas cunha adaptación especial que lles permite dar a luz crías xa formadas (e non ovos) nun espazo con problemas de auga doce, como é a Illa. Todo isto únese á molestia causada por centos de persoas que acoden masivamente a visitar un contorno, antes tranquilo onde viven importantes especies de interés faunístico e botánico. Ao igual que sucede naromería do Rocío no P.N de Doñana, indo un pouco máis lonxe.

7- Que podemos facer para aportar o noso gran de area?

Aforrar auga, combustible, papel e electricidade, entre outras cousas. Apoiar tódalas iniciativas e propostas para a conservación do medioambiente dende as asociacións e dende o Estado. Contribuír e apoiar economicamente unha asociación que vele polos intereses naturais (SEO, Greenpeace, Ecologistas en Acción, ADEGA, etc.). Denunciar tódalas agresións ambientais, á fauna e á flora, que coñezamos. Informarse dos intereses naturais que nos rodean para poder valorálos e respeta-lo medioambiente considerándoo e coidándoo.

GRAZAS, RUBÉN. FARÉMOLO.

No hay comentarios: